Wednesday 15 de May de 2024

Unha quincena de veciños e veciñas de Frades participan nun curso gratuíto de manexo de móbiles e tabletas


 

O Concello de Frades e a ONG Mestura convocan un curso gratuíto de manipulación de alimentos dirixido a mulleres

Unha quincena de veciños e veciñas de Frades participa estes días nun curso gratuíto de manexo de móbiles e tabletas organizado polo Concello de Frades e a ONG Mestura. Un curso de seis sesións que teñen lugar na renovada Aula de Informática de Frades, emprazada no multiúsos.

O concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro Marzoa, asistiu á sesión inaugural e explicoulles ao alumnado que a gratuidade do curso é posible grazas á colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e a cofinanciación da Unión Europea a través do Programa Operativo Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020. O curso rematará o vindeiro luns 22 de xullo.

Manipulación de alimentos

Así mesmo, o Concello de Frades e a ONG Mestura convocan un novo curso formativo de manipulación de alimentos. Un curso gratuíto e dirixido exclusivamente a mulleres, xa que está integrado no Programa Neneiras, unha iniciativa da Xunta de Galicia para promover a igualdade e a integración social da muller no mundo rural.

O curso terá lugar no multiúsos de Frades nun horario e data a confirmar coas mulleres asistentes, que deberán anotarse no Concello de Frades ou chamando aos teléfonos 981 695 567 ou 981 695 663.